Accións de promoción do Estudio e da Investigación

 

Accións de promoción do Estudio e da Investigación

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación, dentro da política de Fomento de Investigación e de Apoio ó Estudio Universitario que lle compete á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, está a desenvolver diversas accións que se poden clasificar tal como facemos de seguido, tendo en conta os principios particulares de racionalización do fomento da investigación expostos e considerando que a accesibilidade e a receptividade son os parámetros xerais das accións.
  • Accións de Promoción Xeral do Coñecemento:
    • Axudas á realización de proxectos de investigación.
    • Axudas para adquisición de infraestructura de investigacións e de biblioteca.
    • Axudas para a formación de persoal auxiliar de investigación.

  • Accións de Apoio e formación do persoal docente:
    • Actualización do profesorado na súa asignatura.
    • Formación do profesorado para novas titulacións.
    • Apoio ás universidades para o seu profesorado en formación.

  • Accións de apoio á formación do persoal investigador:
    • Axudas para estudios do terceiro ciclo.
    • Axudas para a investigación da tese de doutoramento.
    • Axudas para estancias no estranxeiro.
    • Axudas para organizar congresos.
    • Axudas para propostas de profesores visitantes das universidades galegas.
    • Axudas para a posta en marcha de publicacións periódicas.

  • Accións de incentivación xeral da investigación:
    • Premios de investigación Xunta de Galicia.
    • Axudas á instituticóns sen fins de lucro.

  • Accións de apoio ós estudios universitarios:
    • Axudas a Asociacións de estudiantes.
    • Axudas para viaxes de carácter pedagóxico.
    • Aprendizaxe da lingua estranxeira dalgún país dentro da U. E.
    • Premios fin de carreira.
    • Axudas complementarias do programa Erasmus.
    • Axudas complementarias ás bolsas xerais de estudio do Ministerio de Educación e Ciencia, por medio de convenios de colaboración coas universidades galegas para diversificar as accións.
    • Axudas complementarias ás bolsas xerais de estudio do Ministerio de Educación e Ciencia, para alumnos de residencia familiar en Galicia, que cursan estudios universitarios de caracter oficial e validez nacional fóra da Comunidade Autónoma.
    • Axudas para prácticas recoñecidas nos Plans de estudios das titulacións autorizadas.
    • Axudas a fillos de galegos emigrantes que queren cursar estudios universitarios en Galicia.

  • Accións especiais de apoio á expansión da comunidade científica:
    • Axudas e proxectos de investigación derivados dos convenios de expansión da comunidade científica.
    • Axudas de desprazamento a bolseiros da convocatoria xeral do ICI que está concertada para o
    • Sistema Universitario de Galicia.
    • Axudas a bolseiros do programa Intercampus e Mutis.
    • Seminarios e foros derivados dos convenios de expansión da comunidade científica.
    • Revista Galega de Cooperación Científica.
    • Revista Galega de Educación Superior.
    • Catálogo da oferta de postgrao da AUIP.
    • Rexistro de centros e investigadores.
    • Acción FEDER IDT
    • Acción en Galicia - Norte de Portugal